Comezan o asfaltado do paseo da Calzada e a creación dun carril bici no río Verdugo
Por
O paseo da Calzada estará completamente renovado en 2017 e contará cun carril bici de case un quilómetro de lonxitude. As obras de acondicionamento deste espazo comezaron cun proxecto valorado en ao redor de 100.000 euros.
A obra permitirá tamén reparar beirarrúas ao lado do río, que presentan deterioracións moi visibles coa execución de varios muros de contención nos espazos onde os propietarios cederon terreos para a ampliación do paseo.
O grupo de goberno impulsou esta obra aprobada cunha modificación de crédito hai uns meses, aproveitando así os aforros producidos. Foi aprobado en Pleno coa abstención do Partido Popular.
Os traballos comezaron con fresado parcial do asfalto existente no que se atopan fochancas e irregularidades. Tras a capa de rodaxe de catro centímetros de grosor. O acabado final incluirá badéns redutores de velocidade e un pintado integral da vía.
Está prevista a incorporación dun carril bici con dobre sentido, que supoñerá unha mellora da mobilidade na contorna tanto para adultos como para menores que circulan coas súas bicicletas por este espazo de acceso á praia fluvial da Calzada, a única destas características con bandeira azul en toda España.
O goberno local de Ponte Caldelas inaguraba este verán o sendeiro azul do río Verdugo con máis de oito quilómetros de percorrido.