O incendio no Belén de Marín, probablemente intencionado
Por Redacción
O Belén de Nadal situado diante da igrexa vella de Marín que quedou esnaquizado por mor dun incendio o pasado 4 de decembro ten unha nova cara. Segundo informou o Concello, xa está arranxado e pode volver instalarse.
Desde o Concello aseguran que os labores de investigación policial realizadas ata o momento apuntan a que con "total probabilidade" o incendio foi intencionado. Así o corroboran as cámaras dos establecementos anexos que foron revisadas polos investigadores.
A pretensión municipal é que o Belén volva instalarse na praza do Reloxo tratando de ambientar esta zona para poder chegar a máis zonas do centro histórico de Marín.
O Concello pretende seguir consolidando o Belén e lamenta que sexa victima de ataques que causan danos materiais. Ademais, indica que nesta ocasión puido mesmo causar maiores danos se non chega a ser pola actuación rápida das persoas que deron a voz de alarma ao ver que comezaba o lume.