A oposición trata de emendar o informe desfavorable de Intervención ao orzamento
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Facenda, Raimundo González, informou este xoves en rolda de prensa do informe emitido polas técnicas do servizo de Intervención do Concello de Pontevedra que é "desfavorable" ao orzamento emendado polos grupos da oposición.
Raimundo González apuntou que, entre outras deficiencias detectadas existen "erros aritméticos" en varias partidas por unha desnivelación entre os gastos e os ingresos, así como unha proposta que afecta as direccións xerais e que fan que o orzamento coas emendas da oposición sexa "ilegal", segundo o edil de Facenda.
Con todo estes erros son "subsanables" segundo lles transmitiron estas mesmas técnicas municipais aos portavoces da oposición que ao longo da mañá foron mantendo reunións coas interventoras.
Así, o portavoz do Partido Socialista, Agustín Fernández, dixo que estes erros non lles afectan e criticou o "nerviosismo e case desesperación" do goberno do BNG. Tino Fernández asegurou que o problema é que "Pontevedra ten un alcalde que é incapaz de chegar a acordos".
A concelleira de Cidadáns, María Rey sinalou que "los técnicos tienen razón en lo que dicen, pero lo podemos subsanar". No seu caso foi suficiente con presentar un "escrito aclaratorio". Ademais Cidadáns retira unha das súas emendas "porque pisa la enmienda de Marea, con lo que podemos también demostrar que no hubo pacto ninguno".
Jacobo Moreira, portavoz do Partido Popular pronunciouse no mesmo sentido e aclarou que no seu caso só tiveron que aclarar o destino dalgún partidas "pero esto no va a ser ningún impedimento para aprobar el presupuesto".
Igualmente, o portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, sinalou que "en tempo imos presentar unha emenda de corrección" respecto das "obxeccións formais" que unha vez corrixidas daranlle "validez absoluta" ao orzamento emendado para que poida ir ao pleno do luns.
Relacionadas:
-
Dous novos informes contrarios ás emendas da oposición enredan aínda máis o orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva insiste en que o pacto BNG-PSOE na Deputación "se vai manter" pese á crise dos orzamentos
Por Natalia Puga |
-
Lores denuncia unha "moción de censura encuberta" tras unirse a oposición para "destrozar" o orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
A oposición censura que o BNG pretenda gobernar con maioría "sen tela" e nega pacto algún
Por Alejandro Espiño |
-
Iniciativas sociais e de reactivación económica, eixo das emendas do PSOE ao orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra propón recortar en cultura e festas para crear unha renda social e transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez |
-
O PP presenta dúas emendas para "restrinxir a arbitrariedade" do alcalde cos cartos públicos
Por Redacción |
-
Cidadáns presenta emendas ao orzamento municipal valoradas en máis de 600.000 euros
Por Redacción |