Comezan as obras do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción
O goberno local de Ponte Caldelas contempla con satisfacción o comezo das obras de reparación do tanatorio, a cargo da empresa Alianza e Barros, algo que atribúen á iniciativa do tripartito de esixir o cumprimento da lexislación urbanística ás empresas titulares.
"É unha gran noticia para o municipio", subliña o alcalde, Andrés Díaz, quen destaca que foi preciso un cambio de goberno no Concello para tomar a decisión de facer respectar a legalidade urbanística tramitando un complexo expediente sancionador que significaba a imposición de multas coercitivas trimestrais de 10.000 euros polo mal estado de conservación da edificación que deixou de prestar servizo no ano 2013.
O goberno local, formado polos grupos do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, mantivo unha reunión coas empresas propietarias no verán de 2015, ao comezo do actual mandato municipal, na que explorou a posibilidade dun acordo verbal para a reparación e reapertura do tanatorio. "Ante do incumprimento empresarial", o Concello optou por esixir a normativa urbanística en materia de conservación.
As obras comezaron estes días e significan un investimento, segundo o proxecto presentado nas oficinas municipais, moi próximo aos 100.000 euros. Con esta execución, as empresas evitan a imposición das penas económicas que o Concello tiña xa preparadas para comezar a executar.
Relacionadas:
-
Alianza y Barros reabre o tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O tanatorio de Ponte Caldelas dispón dun prazo dun ano para a súa reapertura
Por María López Verdial |
-
Tres empresas funerarias, interesadas en explotar o servizo de tanatorio en Ponte Caldelas
Por |
-
Alianza y Barros asumirá a reparación do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Ponte Caldelas sancionará con multas de 10.000 euros cada tres meses ás empresas do tanatorio
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de mentir cando anunciou a reapertura do tanatorio
Por Redacción |
-
Acordo para a reapertura do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción |