Oito chalecos antibala para a Policía Local de Sanxenxo
Por Redacción
Os axentes da Policía Local de Sanxenxo contarán con chalecos antibalas para mellorar as súas condicións de seguridade cando se atopan en acto de servizo.
Serán en total oito chalecos, que foron adquiridos a través dunha partida do Plan Concellos da Deputación.
Cada coche patrulla da Policía Local estará dotado con dous destes chalecos antibalas, de maneira que os axentes que se atopen na rúa terán acceso sempre a esta nova peza de seguridade.
A dotación de chalecos de protección balística foi unha das primeiras reivindicacións que o persoal da Policía Local expuxo á concelleira de Seguridade, Vanessa Rodríguez Búa, tras acceder ao cargo.
O altercado ocorrido en Vigo en novembro de 2014 e que custou a vida a unha axente da Policía Local puxo en evidencia as carencias existentes en materia de seguridade e levou ao persoal municipal a demandar a dotación desta peza de protección.
Os chalecos foron entregados á Policía Local por parte do alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e a concelleira de Seguridade, Vanessa Rodríguez Búa e súmanse ao equipo adquirido recentemente e que lles permite facer as probas correspondentes para detectar un posible consumo de drogas ou de calquera outro estupefaciente.
A Policía Local dispón desde hai uns meses deste aparello nos controis de alcoholemia que habitualmente realiza, podendo solicitar aos condutores que se sometan a esta proba no caso de que o consideren necesario.
Relacionadas:
-
Os policías locais de Sanxenxo poñerán multas "a toda máquina"
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo reclama máis presenza policial en Semana Santa e o verán
Por Redacción |
-
A Deputación investiu en Sanxenxo máis de 3,5 millóns de euros o pasado ano
Por Redacción |
-
Sinais 'antiatropelo' para os coches municipais e da Policía Local
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo xa pode facer controis antidroga
Por Redacción |