VIDEO.- Alerta veciñal en Rosalía de Castro por un novo incendio nos refuxios de indixentes
Por Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que acudir á rúa Rosalía de Castro para sufocar un incendio nun dos refuxios que empregan os indixentes.
Sucedeu sobre as 23.30 horas deste xoves nun dos arcos da ponte da rúa Rosalía de Castro. O lume afectou ao tendido eléctrico producindo un apagón.
As chamas e a intensa fumareda xeraron gran alarma entre os veciños da rúa que nos últimos meses sufriron numerosos incendios na zona.
Estas queixas foron recollidas polos axentes das policías Local e Nacional que tamén acudiron ao lugar do suceso.
Entre outros argumentos os veciños sinalaron que a persoa que ocupa o baixo da ponte é a mesma que hai uns meses tamén sufriu o incendio nunha caseta de obra situada nun solar desta rúa. A circuntancia xa foi advertida aos Servizos Sociais do Concello que mesmo acudiron á zona cun camión e retiraron gran cantidade de residuos.
"Esto no es casual, algún día va a ocurrir una auténtica desgracia", afirmaba unha veciña.
Relacionadas:
-
Sufocan o enésimo incendio en Rosalía de Castro co mesmo autor
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Detido un indixente polo incendio debaixo da ponte de Rosalía de Castro
Por Natalia Puga |
-
Susto polo fume provocado por unhas brasas baixo a ponte de Rosalía de Castro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un incendio calcina unha chabola na rúa Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
Un espectacular incendio calcina tres vehículos na rúa Rosalía de Castro
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada