Localizan en Ponte Sampaio un home desaparecido en Arcade
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
As forzas de seguridade desactivaron a primeira hora da noite deste xoves un operativo de busca aberto pola tarde para localizar un home que desapareceu da zona de Arcade, en Soutomaior, cando se dirixía á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, separada tan só pola ponte medieval. Foi localizado catro horas máis tarde.
O operativo implicou, nos primeiros momentos de busca, a efectivos da Garda Civil e a Policía Nacional e centrouse na zona de Arcade e Ponte Sampaio, isto é, nos municipios de Soutomaior e Pontevedra, pero podería ampliarse.
O home desaparecido está, segundo se puido saber, a tratamento psiquiátrico. Desapareceu a media tarde deste xoves cando estaba na zona do porto de Arcade en compañía da súa parella.
Por motivos que aínda hai que establecer, escapouse e botou a correr en dirección a Ponte Sampaio, cruzando a ponte.