Terror e solidariedade van da man na biblioteca de Sanxenxo
Por Redacción
A Noite do Terror volveu a Sanxenxo coa mesma forza de anos anteriores. A iniciativa é xa unha cita consolidada no calendario de actividades que as bibliotecas de Sanxenxo realizan ao longo do ano e, unha vez máis, este 2016 as 75 prazas convocadas nesta singular iniciativa esgotáronse ás poucas horas de abrirse a inscrición.
O pasado venres 2 de decembro a biblioteca municipal de Sanxenxo transformouse nun escenario 'terrorífico' con mostruos, pantasmas e zombis que inicialmente eran un elemento da decoración, pero logo tomaron vida, desprazándose polos corredores e recunchos para asustar aos nenos máis valentes.
Ademais de diversión, a iniciativa ten unha tinguidura solidaria, pois os participantes entregaron alimentos que serán destinados a Cáritas Parroquial de Sanxenxo.
'O alento dos mortos', 'O asasino do espello', 'Toca o medo', 'A biblioteca maldita' son algunhas das probas que puxeron a proba a súa resistencia ata levarlles a atravesar 'O hotel da morte', un espazo terrorífico poboado de mostruos e seres de ultratumba. A noite concluíu cunha sesión de cinema temático ou a posibilidade de utilizar os sacos de durmir para os que estaban máis cansos.
O pallaso diabólico, a pantasma da ópera, o ama de chaves, a tola zumbada, a procesión da Santa Compaña foron algúns dos personaxes que sorprenderon e divertiron a uns nenos con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos.
Relacionadas:
-
Buscan valentes para unha noite de terror na biblioteca de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Máis de cen escolares de Sanxenxo participaron na "Noite de terror" solidaria
Por Redacción |
-
200 quilos de comida solidaria e 'terrorífera'
Por Redacción |
-
'Noite de terror' na biblioteca de Sanxenxo
Por Redacción |