Os farmacéuticos celebran a súa patroa
Por Redacción
O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra celebrou o seu "Día do Colexiado" con motivo da conmemoración da festividade da patroa.
No transcurso da celebración fíxose entrega das insignias de ouro aos 50 anos de colegiación, de prata aos 25 anos e homenaxeouse aos farmacéuticos xubilados este ano 2016.
Recibiu unha mención especial á colexiada máis antiga, María Luisa López Vilariño, que forma parte do colexio desde hai 70 anos e que recibiu o recoñecemento dos seus compañeiros de profesión, xunto coa súa filla e co seu neto cos que forma tres xeracións de farmacéuticos.
A presidenta do colexio, Alba Sotelo, recoñeceu e agradeceu a todos os homenaxeados a súa dedicación e o seu importante labor profesional.
A continuación, Sotelo fixo un percorrido polos últimos anos da profesión farmacéutica destacando a evolución da farmacia cara a unha farmacia máis asistencial centrada na saúde e no efecto dos medicamentos no paciente.