Sanxenxo anuncia unha intensa programación do Nadal
Por Redacción
Progresivamente, cun intervalo de media hora, Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga procederon este mércores ao aceso da iluminación do Nadal que este ano conta cunha árbore de nove metros de alto nas principais prazas de cada unha das vilas, en azul para as dúas primeiras e en verde para Vilalonga, cunha estrutura de aluminio e un tapizado luminoso.
A festa desta tarde é o punto de inicio para unha variada programación do Nadal deseñada pola Concellería de Cultura e que se prolongará ata o día de Reis, incluíndo importantes novidades e sorpresas na Cabalgata que traerá ás súas Maxestades ao municipio.
O aceso da iluminación converteuse xa nunha festa popular na que a Concellería de Cultura conta co apoio de varios colectivos para elaborar e distribuír chocolate entre todos os asistentes a unha festa que conta tamén co respaldo de diversas asociacións folclóricas que amenizaron coa súa música ou actuación o momento do aceso.
Sandra Fernández Agraso deseñou unha festa popular que contou en Sanxenxo coas asociacións Soalleira e Abiñadoira, mentres que en Portonovo a Concellería de Cultura contou coa complicidade de Os Gatiños, Lembranzas e o ANPA do colexio, mentres que en Vilalonga foron Mulleres Rurais A Candelaria e a agrupación folclórica Os Cruceiros os responsables de realizar as actuacións.
Sandra Fernández Agraso agradece sinceramente a colaboración altruísta das diferentes empresas e colectivos que contribuíron a converter a xornada nunha festa de todos, e sen quen sería imposible desenvolver unha actividade destas características.
Relacionadas:
-
A cabalgata de Reis de Sanxenxo extrema as súas condicións de seguridade
Por Redacción |
-
Funky Party en Sanxenxo para despedir por adiantado o 2016
Por Redacción |
-
Un festival con Os Bolechas, principal novidade do Nadal de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo pide que se respecte a decoración do Nadal
Por Redacción |
-
A prazas dos Barcos e de Vilalonga e o parque do Espiñeiro lucirán árbores de Nadal
Por Redacción |