Moreira defende o orzamento da Xunta: "Son excepcionales. El PP no vende humo"
Por Alejandro Espiño
Esta lexislatura será "histórica" para Pontevedra. Así o asegura o portavoz do PP, Jacobo Moreira, que afirmou que os orzamentos que o goberno galego preparoy para 2017 son "excepcionales", xa que contempla un nivel de investimento "como no se ha visto antes" no municipio pontevedrés.
"El Partido Popular no vende humo, vende lo que sabe que puede realizar", destacou Moreira, en resposta ás críticas que recibiu este orzamento por parte do goberno municipal ao non recoller algunhas das demandas históricas de Pontevedra.
O edil do PP explicou que proxectos "importantes" como a ampliación de Montecelo, o edificio xudicial da Parda, a remodelación do edificio de Benito Corbal, a reforma da estación de autobús e a súa intermodalidade ou o saneamento da ría "están comprometidos" e dispoñen de consignación orzamentaria.
A Xunta "va a cumplir" todos os compromisos, incluída a variante de Alba que, segundo Moreira, farase cando se termine a A-57 porque "está todo conectado"
Neste sentido, lembrou que para o edificio xudicial hai consignados 11 millóns e asegurou que o atraso na execución destes traballos débese a que o Concello non puxo os terreos a disposición da Xunta ata o pasado ano.
Ademais, Jacobo Moreira sinalou que se destinará un millón de euros para Montecelo e outro millón para o saneamento da ría, mentres que para a remodelación do antigo edificio da Xunta recóllese en dúas partidas xenéricas ás que se accederá "una vez se avance en la tramitación". Haberá tamén 210.000 euros para o transporte metropolitano.
"Pedir que se ejecute todo el primer año es imposible", dixo Moreira, que garantiu que a Xunta "va a cumplir" todos os compromisos anunciados na campaña electoral, incluída a variante de Alba que, segundo o edil popular, farase cando se termine a A-57 porque "está todo conectado".
En todo caso, o portavoz do PP ironizou ao sinalar que "algo hemos avanzando", porque para o goberno municipal os orzamentos da Xunta deixaron de ser un "insulto" para pasar a ser "decepcionantes".
Relacionadas:
-
Feijóo anuncia que a Xunta está disposta a colaborar no financiamento dun novo pavillón de ximnasia
Por Oskar Viéitez |
-
Núñez Feijóo recibirá o venres a Lores en Santiago
Por Alejandro Espiño |
-
As emendas do BNG ao orzamento da Xunta suman doce millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas din que os orzamentos da Xunta para Pontevedra son "raquíticos"
Por Redacción |
-
Lores pide unha reunión "urxente" a Feijóo tras un orzamento "decepcionante" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Anxo Lourido |
-
O edificio xudicial da Parda, principal investimento para Pontevedra da Xunta
Por Redacción |