Marín canta ao Nadal cunha nova edición da gala solidaria de Amigos dos Rapaces
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O multiusos da praza de abastos de Marín acollerá o próximo sábado 10 de decembro ás 19.00 horas a quinta edición do festival benéfico Marín canta ao Nadal, organizado pola asociación cultural Amigos dos Rapaces. Será a partir das sete da tarde.
O obxectivo do festival é recadar alimentos non perecedoiros en beneficio das entidades benéficas do municipio: Cáritas, SOS Marín e a Asociación Sor Elvira.
O evento solidario contará coas actuacións de diversos músicos que colaborarán desinteresadamente con esta causa como o Coro da Asociación Amigos dos Rapaces, Virandeira Folk e o grupo de acordeóns Arosa Bay.
O Concello de Marín colabora na parte de produción e edición de carteis para facilitar a labor que de xeito altruísta esta asociación realiza todos os anos polo Nadal.