Un home resulta ferido cando talaba unha árbore en Cuntis
Por Redacción
Un home de ao redor de 56 anos sufría un accidente laboral cando traballaba na talla de árbores no concello de Cuntis. Resultou ferida ao caerlle unha das árbores enriba nun monte do lugar da Anllada, parroquia de Arcos no concello de Cuntis.
Segundo datos facilitados polo servizo de emerxencias do 112, o aviso do accidente foi dado por un particular e inicialmente solicitouse a presenza dun helicóptero con base en Santiago pero, tras comprobarse que o home non quedara atrapado e que estaba consciente anulouse a petición.
Foron mobilizados axentes da Garda Civil, membros de Protección Civil e o 061, que trasladou unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria. A vítima foi evacuada nunha ambulancia asistencial do 061 ao centro de saúde de Cuntis para despois ser trasladado a un centro hospitalario. Segundo testemuñas presenciais, as feridas non revestían gravidade.