O goberno de Ponte Caldelas reclama á Xunta axuda para conservar a área arqueolóxica de Tourón
Por Redacción
O equipo de goberno de Ponte Caldelas estuda introducir unha partida anual nos orzamentos municipais destinada á limpeza integral da área arqueolóxica de Tourón. Trátase dun espazo que alcanza as 15 hectáreas e que presenta dificultades para manter as instalacións en óptimas condicións.
Ante esta situación, o goberno do socialista Andrés Díaz insta á Xunta de Galicia a que participe na conservación e potenciación deste espazo histórico, declarado Ben de Interese Cultural, algo que xa se aprobou nunha sesión plenaria sen que a administración autonómica intervira ata o momento, segundo denuncia o goberno local.
Desde a alcaldía, con todo, están a tentar levar a cabo unha campaña de promoción deste espazo que presenta un dos conxuntos de petróglifos máis significativo de España, que cumpre unha década desde que se creou a área arqueolóxica.
As visitas comezaron con 40 escolares de cinco anos procedentes da Escola de Educación Infantil Fina Casalderrey, de Pontevedra. Trátase dun percorrido gratuíto, realizado por persoal especializado e dirixidas a estudantes desde primeiro curso de Primaria ata o último curso de Bacharelato.
Nos últimos meses estreáronse paneis de sinalización que se atopaban deteriorados por falta de mantemento. Estes paneis permiten contemplar as cinco estaciones de petróglifos cunha reprodución exacta do seu deseño. Atópanse instalados nas estacións do Outeiro da Forcadela, o Coto das Sombriñas, Laxe das Cruces, o Couto da Siribela e o Nabal de Martiños.
Desde o goberno local indícase que tamén se limparon os carreiros e realizáronse reparacións no edificio do Centro de Interpretación. Queda aínda a reparación do valado exterior, que se atopa esnaquizado pola falta de coidado nos últimos anos.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas apoia a declaración dos gravados rupestres como Patrimonio da Humanidade
Por Redacción |
-
Seguindo as pegadas dos nosos tataratataravós
Por Redacción |
-
Andrés Díaz, sobre os orzamentos da Xunta: "nos dan xusto o que esperábamos, nada"
Por Redacción |
-
Nova sinalización para a área arqueolóxica de Tourón, entre críticas ao abandono da Xunta
Por Redacción |
-
Os petróglifos de Tourón, a vista de móbil
Por Redacción |