"Traballo, saúde, e diñeiro para pagala"
Por Oskar Viéitez
Cando a capela de Xesús Nazareno abriu as súas portas ás sete da mañá un bo grupo de devotos pontevedreses xa facía cola para cumprir co ritual de pedir as tres grazas.
Trátase do único día no que se celebran cultos na capela, dependente da parroquia de San Bartolomeu. Ademais, oficiaronse dúas misas, ás 7.30 e 9.30 horas e o santuario permanecerá aberto ata as doce da noite. Ao longo do toda a xornada a cola de persoas que acoden a solicitar os favores do Nazareno nunca baixa das duascentas persoas.
A fila móvese con axilidade, malia o seu reducido tamaño, caben no interior do pequeno templo uns cincuenta fieis. Como adoita ocorrer con este tipo de manifestacións relixiosas, xunto á capela instaláronse os habituais postos de venda de velas e exvotos, e ata de rosquillas. A cita está marcada no seu calendario particular. O primeiro venres de marzo é o único día no que se abre esta minúscula capela.
En anos anteriores segundo os cálculos ofrecidos polo párroco de San Bartolomeu unhas dez mil persoas pasan neste día pola capela da rúa Tetuán. Pero coa crise "son moitas máis". Aínda que os devotos son reservados e evitan comentar que lle piden ao Nazareno a gran maioría resúmeno nunha sóla palabra "Traballo", aínda que un deles, Fernando, responde con retranca "eu pido traballo, saúde, e diñeiro para pagala".
O primeiro venres de marzo é o único día no que se abre esta minúscula capela
Segundo explícanos unha das coordinadoras, Carmen Pita, entre as peticións ao Cristo, a máis común, é o traballo "nós tamén incluímos nas preces polos parados e a xente que está sóla e non ten recursos".
"Sempre incluímos nas nosas oracións asuntos que están moi de actualidade", explícanos, Carmen Pita. Pedirán entón polo Papa, preguntamos "non polo Papa non, porque como de momento non hai", respóndenos cun sorriso.