Ponte, ceas de empresa, Nadal... o perigo crece ao volante e Tráfico estará á espreita
Por Natalia Puga
Este venres empeza un mes complicado nas estradas. O aumento dos desprazamentos asociado á ponte da Constitución e a Inmaculada, as ceas de amigos e empresa ou as celebracións familiares de Nadal, Noitevella ou Reis e, a maiores, as posibles complicacións vinculadas á meteoroloxía afectan de forma determinante na seguridade. Ante tal situación, o subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra puxo en marcha unha nova campaña de prevención de accidentes.
A iniciativa ten como obxectivo minimizar os riscos e reducir a sinistralidade na rede viaria da provincia durante esta época tan conflitiva. Segundo explicou o oficial xefe do subsector de Tráfico, o tenente Juan Jóse López Castro, implicará intensificar os servizos entre este venres e a fin das festas do Nadal en xaneiro e dar "máxima visibilidad" ás súas actividades.
O obxectivo desta campaña é reducir os accidentes á vez que se informa e conciencia aos condutores para que "se comporten de una manera adecuada y segura al volante", por iso é polo que se incida na maior presenza dos axentes nas vías, pero tamén nos consellos aos condutores sobre as medidas preventivas que deben adoptar, pois lles lembra que "lo importante de poder disfrutar de estos días de ocio es poder contarlo".
A campaña implicará a todo o persoal do subsector de Tráfico, 260 axentes, e contará co reforzo doutros efectivos doutras unidades da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, que se centrarán no control das vías secundarias. Os axentes específicos de Tráfico incrementarán os seus estacionamentos e controis nas entradas e saídas das poboacións e lugares de lecer de maior concentración de persoas, así como nos horarios de entrada e saída dos centros de traballo.
No caso concreto da área de influencia de Pontevedra, o responsable de Tráfico explicou que se centrarán en zonas como a comarca do Salnés ou os accesos á autoestrada AP-9, as autovías A-52 e A-55, a vía rápida AG-41 ou a estrada N-550, nas que se prevé unha maior intensidade de tráfico. De todos os xeitos, incide en que "no esperamos un problema concreto de fluidez do tráfico".
"Si todos cumplimos los límites de velocidad, si todos adelantemos de forma correcta, si todos eliminamos la presencia de alcohol y las drogas, si todos utilizamos los sistemas de seguridad de los vehículos, contribuiremos al objetivo, que es reducir los accidentes de tráfico", insistiu Juan José López Castro.
Tráfico pediu tamén colaboración ás policías locais da provincia para potenciar a coordinación habitual que leva a cabo e, para os usuarios, lembra a importancia de planificar as viaxes que vaian facer, fixándose na previsión do tempo ou realizando revisións mecánicas e dos pneumáticos, todo enfocado a "un viaje más seguro".
Relacionadas:
-
Juan José López Castro: "En dous de cada 100 accidentes, detectamos a presenza de droga nos condutores"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Os novos radares instalados por Tráfico aínda non están a funcionar
Por Oskar Viéitez |
-
A DXT reactiva a súa campaña de prevención de atropelos coincidindo coa redución de horas de luz
Por Redacción |
-
Piden a Tráfico aumentar os radares nas estradas con maior presenza de ciclistas
Por Alejandro Espiño |
-
A DXT incrementará os controis nas estradas convencionais
Por Redacción |
-
A DXT intensifica ata o día 12 os controis de alcol e drogas nas estradas da provincia
Por Redacción |