O PP lamenta o desinterese do goberno local por acadar un acordo para aprobar os orzamentos
Por Redacción
O Partido Popular, a través do seu grupo municipal, mostrou a súa decepción ante o que entenden que foi falta de interese por parte do goberno local do BNG de chegar a un acordo para aprobar o orzamento municipal para o próximo ano 2017.
A formación de Jacobo Moreira sinala que eles quixeran pactar unha rebaixa dos impostos por unha cantidade de 1,6 millóns de euros, asegurando que na negociación podían chegar a acordar unha rebaixa dun millón de euros.
Con todo, o goberno de Fernández Lores apuntou que só podían aceptar unha redución de 400.000 euros na taxa do lixo. Despois das declaracións de Fernández Lores afirmando que se o plan de utilización de composteiros progresa pódese reducir nun millón de euros o pago a Sogama, os populares indican que existe marxe suficiente para baixar ese millón de euros en recadación. E pregúntanse onde van os 600.000 euros restantes que o goberno local aforraría e que "quere seguir cobrando aos pontevedreses".
Para Moreira, estas afirmacións do alcalde de Pontevedra mostran que o BNG non tiña previsto ceder na negociación e lamenta que as afirmacións de Fernández Lores marcasen un límite na redución da taxa do lixo por baixo do que realmente se podería asumir.
Relacionadas:
-
O PP acusa a Lores de obrigar os funcionarios a emitir "informes express" para tratar de parar as emendas
Por Redacción |
-
Lores denuncia unha "moción de censura encuberta" tras unirse a oposición para "destrozar" o orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra propón recortar en cultura e festas para crear unha renda social e transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez |
-
O PP presenta dúas emendas para "restrinxir a arbitrariedade" do alcalde cos cartos públicos
Por Redacción |
-
Cidadáns presenta emendas ao orzamento municipal valoradas en máis de 600.000 euros
Por Redacción |
-
O goberno local denuncia un pacto da oposición para atacar o modelo urbano e o plan de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Monte Porreiro extrae o seu primeiro compost despois de tres meses de reciclaxe
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"Non" do PP ao orzamento municipal: Moreira ve "insuficientes" as cesións do BNG
Por Alejandro Espiño |
-
Reunión "positiva" entre BNG e PP para negociar o orzamento municipal de 2017
Por Alejandro Espiño |