O alcalde de Ponte Caldelas e a conselleira de Infraestruturas sentarán a falar da PO-234
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, participará este mércores nunha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
O rexedor adiantou que leva como obxectivo volver reclamarlle que afronte a mellora integral da estrada autonómica PO-234, "en lugar de limitar os traballos ao pequeno tramo cotobadés, unha polémica medida anunciada pola Consellería na última campaña electoral".
Díaz Sobral celebra que se abra a vía do diálogo tras dúas peticións formais de entrevista.
Lembra que en xuño pasado a Axencia Galega de Infraestruturas anticipou o inicio das obras por Ponte Caldelas e que, co comezo da campaña electoral, "a conselleira cometeu o erro maiúsculo de limitar as obras a Cotobade, unha decisión partidista que causou un gran malestar social e provocou a celebración de dúas manifestacións de protesta".
O alcalde, que encabeza un goberno tripartito formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, volverá insistir en que a estrada autonómica, cun trazado de só 6,7 quilómetros, ten en Ponte Caldelas a súa parte máis perigosa e tamén a maior densidade de poboación. Volverá reclamar que a Consellería cumpra cos criterios do seu propio Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 para a priorización das actuacións na Rede Autonómica de Estradas e esixirá unha reparación integral.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas reclamará da Xunta un convenio vinculante para as obras da PO-234
Por Redacción |
-
Os populares de Ponte Caldelas esixen ao alcalde que consiga os terreos para a PO-234
Por Redacción |
-
Andrés Díaz expresa o seu enfado e "decepción" a Ethel Vázquez pola reforma da PO-234
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas invita á conselleira de Infraestruturas a "percorrer o perigoso trazado da PO-234"
Por Redacción |
-
Dous quilómetros de coches para pedir o arranxo integral da PO-234
Por Redacción |
-
O Concello xa ten os terreos para reformar a PO-234 no treito de Cotobade
Por Redacción |