O Concello de Cuntis considera "prioritaria" a reforma da rúa Castelao
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis iniciou as obras de reforma da rúa Castelao.
Segundo o goberno local, estes traballos supoñen unha "mellora substancial" desta contorna.
Entre outras actuacións inclúese a renovación da capa de rodaxe e da recollida de pluviais e da reorganización dos aparcadoiros e mobiliario urbano.
Trátase de mellorar unha da rúa máis transitadas da vila xa que a rúa Castelao está considerada como unha arteria principal que comunica a estrada nacional N-640 e o centro urbano de Cuntis.
Desde o grupo de goberno cualificaron como "prioritaria" esta actuación polo que foi incluída no Plan Concellos da Deputación.