Vilagarcía cumpre 100 anos e quere festexalo con "relevancia e trascendencia"
Por Redacción
Este venres 1 de marzo cúmprense 100 anos do nacemento do Concello de Vilagarcía de Arousa como resultado da unión dos municipios de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril. Con motivo desta efeméride, a Casa Consistorial acolle un acto institucional co que se abrirán as celebracións do Centenario e que estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
O acto reunirá a autoridades de distintas administracións e organismos oficiais, representantes dos grupos da Corporación Municipal, aos ex alcaldes da cidade, as presidentes das Confrarías de Pescadores de Carril e Vilaxoán, aos representantes de colectivos sociais e veciñais do municipio e aos fillos predilectos e adoptivos da cidade.
O Concello de Vilagarcía sinala que "desexa que o primeiro acto oficial conmemorativo do Centenario reflicta a relevancia e transcendencia do feito que se está a celebrar e que institucións e veciños participen nesta efeméride como o fixeron hai 100 anos, cunha ampla representación e conscientes da momento histórico que se estaba a producir".