A efectividade do tratamento do encoro do Umia enfronta a Concello e PP en Caldas
Por Redacción
ÿ curioso que o Concello lle poña deberes á Xunta de Galicia no río Umia cando eles, durante a etapa do goberno bipartito en Santiago non fixeron absolutamente nada para solucionar o problema de microcystis e agora pretenden dar leccións en plena campaña electoral. Con esta afirmación, o voceiro do PP en Caldas de Reis, Jesús Goldar, sae ao paso das críticas verquidas nos últimos días polo alcalde do municipio, Juan Manuel Rei, en relación co estado da lámina de auga do encoro de A Baxe.
Juan Manuel Rey cuestionou nas últimas horas a efectividade do proxecto experimental con codia de eucalipto posto en marcha en A Baxe polo ente público Augas de Galcia para loitar contra a proliferación da cianobacteria microcistina. Ao respecto, Goldar respóndelle a evolución da concentración de algas ata o momento foi positiva, en relación cos anos anteriores, pero hai que esperar para facer un balance final".
O rexedor caldense denunciou que nos últimos días a auga do encoro volveu salir verde, ante que o voceiro do PP asegura que "non se produciu ningún bloom de algas, o que xa é un elemento diferenciador de anos anteriores, do que se avaliará a súa relación coa aplicación de codia de eucalipto".
En días anteriores o alcalde tamén puxera en dúbida unha actuación recente da Xunta de Galicia para a limpeza no leito do río Bermaña ao seu paso polo casco urbano de Calda. O líder dos 'populares' tamén sae ao paso destas críticas e asegura que "Augas de Galicia actúa na limpeza daqueles tramos de río nos que se poida presentar risco de asolagamento, ou para retirada de elementos que poidan ter caído nos ríos, como árbores ou lixo".
Frente á crítica de Juan Manuel Rey de que esta limpeza non incluira a parte trasera da casa consistorial, Goldar sinala que " debe ser esta entidade municipal a que a realice, como actividade de mantemento do propio edificio" quen acometa a limpeza. Asegura que, de feito, "Augas de Galicia xa deu o permiso para que sexa así".