"Non" do PP ao orzamento municipal: Moreira ve "insuficientes" as cesións do BNG
Por Alejandro Espiño
Tras tres reunións, o Partido Popular dá por "terminadas" as negociacións co BNG para aprobar o orzamento para 2017. E faino avanzando que votarán "non" ás contas municipais. O seu portavoz, Jacobo Moreira, asegura que os populares ven "insuficientes" as cesións que os nacionalistas fixeron para que, polo menos, os seus sete edís se abstivesen.
"Ni vamos a apoyarlo ni vamos a abstenernos", confirmou este luns Moreira, que lamentou que ambas as partes non puidesen alcanzar un acordo.
Aínda que recoñece que os contactos entre BNG e PP foron "cordiales" e celebra que é "saludable" que se produzan estas reunións, o portavoz popular afirmou que "esperábamos un poco más de voluntad" por parte do goberno municipal. "Es una oportunidad perdida", dixo, pola "cerrazón" dos nacionalistas.
"Hemos puesto todo de nuestra parte", explicou Jacobo Moreira. Por parte do BNG, dixo, as propostas eran "excesivamente inconcretas".
Os populares consideran que o asunto "fundamental" para negarse a probar o orzamento é a "insuficiente" rebaixa da presión fiscal que está disposto a asumir o Concello. Moreira lembrou que o PP pedía rebaixar un 10% o IBI e introducir bonificacións especiais, algo que o goberno municipal non accedeu a aprobar.
Pola súa banda, o BNG ofreceu baixar o recibo da recollida de lixo, a partir do segundo trimestre de 2017, de forma que os ingresos por este concepto se reduciran nuns 400.000 euros. Isto significaría, segundo o edil de Facenda, Raimundo González, que o recibo que abona cada fogar pontevedrés fose un 7% máis barato.
Ademais, os nacionalistas aceptaron aumentar a participación cidadá no deseño dos orzamentos, acordar coa oposición a reformulación da estratexia DUSI, introducir unha partida para o transporte metropolitano e para as obras do Gran Montecelo, ou consultar cos técnicos a posible devolución de taxas cobradas no rural pola rede de sumidoiros.
Con respecto ao PXOM, o equipo de goberno só aceptaría actualizar a cartografía e o catálogo de inmobles a conservar.
Antes da rolda de prensa do PP, Raimundo González mostrouse optimista ante un posible acordo cos populares tras uns contactos "frutíferos". Neste sentido, chegou a afirmar que por parte deste grupo municipal "non debería haber inconveniente" para aprobar o orzamento "agás que houbera interferencias de carácter externo".
Relacionadas:
-
O PP presenta dúas emendas para "restrinxir a arbitrariedade" do alcalde cos cartos públicos
Por Redacción |
-
O PP lamenta o desinterese do goberno local por acadar un acordo para aprobar os orzamentos
Por Redacción |
-
A aprobación do orzamento, misión case imposible: BNG e PSOE rompen negociacións
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE ofrece "estabilidade" ao goberno do BNG máis aló do orzamento de 2017
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello non desbota vincular a aprobación do orzamento a unha moción de confianza
Por Alejandro Espiño |
-
Reunión "positiva" entre BNG e PP para negociar o orzamento municipal de 2017
Por Alejandro Espiño |
-
O PP, disposto a absterse na votación do orzamento se Lores rebaixa os impostos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
María Rey votará non ao orzamento por ser "poco participativo, poco ambicioso y poco equilibrado"
Por Alejandro Espiño |