O Rotary club de Pontevedra celebra o seu 25 aniversario
Por Oskar Viéitez
O Rotary Club de Pontevedra conmemora o seu 25 aniversario. En concreto, en mayo de 1988 foi cando o Rotary Internacional entregou a Carta Constitutiva ao club pontevedrés, que foi fundado por 10 membros.
A asociación agrupa a líderes empresariais e profesionais que proporcionan servizo humanitario, promoven a posta en marcha de normas éticas e, ademais, contribúen ao desenvolvemento da boa vontade e a paz no mundo baixo o lema "Dar de si, antes de pensar en si".
Nestes 25 anos de traxectoria presidiron o club 25 persoas, unha por ano.
Vinte e cinco anos dan para moito. E por ese motivo a asociación desenvolveu multitude de proxectos e programas como o equipamiento do hospital materno infantil Pontevedra de Bos Aires, axudas aos afectados pola marea negra do Prestige, o programa polio plus, programa "rehabilitación de nenos mutilados por minas antipersona", a construción e equipamento de 41 comedores, dotar de auga potable a 60.000 persoas en Pueblo Libre (Perú), o proxecto "escueles de Rumania", proxecto granja escola en Wukro (Etiopía).
O Rotary club de Pontevedra, ademais das súas actividades fixas anuais conta entre os seus proxectos de futuro co proxecto Al Pan, recollida de libros para dotar á biblioteca do cárcere da Lama, creación de bolsas para países sudamericanos e programa axuda ao banco de alimentos.
Rotary Internacional conta con máis de 1,2 millóns de membros repartidos en máis de 30.000 clubs en 168 países.