Voda con preso: "Todo ser humano necesita tener una segunda oportunidad"
Por Natalia Puga
Mercedes e Jesús casaron moi namorados ao mediodía deste venres nos xulgados da Parda. Tan acaramelados como resultaba previsible, os recén casados foron celebrar o banquete coa súa familia e amigos á próxima cafetería Tribuna. Pero a tan esperada celebración, no seu caso, acabou cedo, pois ás cinco da tarde tiveron que despedirse. Ela, foi á súa casa en Pontevedra. El, ao centro penal da Lama.
O paralelismo é inevitable coa expresión xudicial de 'causa con preso'. A súa foi unha voda con preso, pois Jesús leva 12 anos en prisión e seguirá tendo esta situación de privación de liberdade durante catro anos e oito meses máis. Foi condenado a 17 anos por un delito de violencia de xénero no que a vítima foi a súa antiga parella e do que, segundo conta a súa esposa, está arrepentido. De feito, ten unha orde de afastamento que lle impide escribir á moza, pero envioulle unha carta ao xuíz na que "le pide perdón".
Mercedes non lle resta importancia ao delito do seu marido e recoñece que "es grave", pero tamén pide para el que "le den una segunda oportunidad" para reinsertarse na sociedade, pois "lo conozco y lo que me demostró es que la gente se puede equivocar", pero "a Biblia tamén di que o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra".
Esta pontevedresa de adopción quere "la oportunidad de vivir juntos" e formar un fogar, pois "la gente tiene derecho a equivocarse y él se equivocó, pero no pasó de ahí". Ademais, "él ahora ya tiene conciencia" da gravidade da súa proceder e pide ter a oportunidade de facer os cursos para reinserción de maltratadores que adoitaba ofrecer o centro penal da Lama. Tentou facelo tres veces sen éxito e agora pide o traslado a outra prisión para poder someterse a este programa de tratamento penal "para no cometer esos errores nuevamente".
Este venres Jesús solicitou un permiso penal especial para casar, pero denegáronllo e tan só lle permitiron saír entre as 12.00 e as 17.00 horas e, ademais, estar en todo momento custodiado. Unha parella da Policía Nacional acompañoulles durante a cerimonia civil e quedou sentada na barra, nun discreto segundo plano, pero alerta, no local do banquete.
El quixo aproveitar todos os minutos posibles coa súa nova esposa e a súa familia, á que levaba 12 anos sen poder abrazar dada a frialdade das salas de visitas da prisión, "ven por un espello". Unha vez que se despediu del, ela si se mostrou disposta a contar a súa relación. A súa é unha historia de amor que empezou a escribirse hai cinco anos cando Mercedes acudiu ao penal da Lama para participar nunha xornada de convivencia e un compatriota venezolano presentoulle a Jesús e confían que teña un final feliz en canto el saia de prisión.
Foron cinco anos "duros no, durísimos", nos que se viron nalgúns 'vis a vis' e cada semana no locutorio da prisión. Agora mesmo pensa xa en oficializar a relación casándose pola Igrexa. "No pide que le dejen libre, simplemente que le den una oportunidad", pide Mercedes, pois "todo ser humano necesita tener una segunda oportunidad" e "si no le das a una persona la oportunidad, entonces lo que haces es que se hunda".