Alumnos aspirantes da Escola Naval de Marín xuran bandeira
Por Redacción
A Escola Naval Militar celebraba este venres, o acto de xura de bandeira dos alumnos aspirantes aos Corpos Xeral e Infantería de Mariña, dos Corpos de Intendencia e de Enxeñeiros e Militares de Complemento.
A cerimonia castrense comezaba coa incorporación da bandeira e a posterior revista ao batallón de alumnos por parte do almirante xefe de persoal da Armada, o almirante Francisco José Cortés Uria. Iniciouse a continuación, conforme aos usos e costumes da Armada, o tradicional acto de xura de bandeira, que como tamén é tradicional, concluíu co desfile do batallón de alumnos.
Previamente, tiña lugar a celebración da misa no salón de actos da Escola. Durante o desenvolvemento deste acto tamén prestaron xuramento á bandeira o persoal civil e familiares dos aspirantes que así o solicitaron.
Ao acto asistiron todos os oficiais e suboficiais da escola, así como, os profesores civís e o Centro Universitario da Defensa (CUD) e o persoal civil destinado na escola que quixo asistir, así como os seus familiares.