O alumnado móllase pola retirada da Lomce
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
O alumnado pontevedrés de ensino medio vive este xoves a segunda convocatoria de folga no sistema educativo no que vai de curso. Centos de estudantes, convocados polo sindicato Erguer, manifestáronse baixo unha intensa chuvia para reclamar ao Goberno a retirada da Lomce e que free inmediatamente o modelo de 'reválidas'.
Os manifestantes expresaron o seu excepticismo ante o compromiso anunciado polo ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, de suspender os efectos académicos destas probas ata que se alcance un pacto educativo.
Nin o sindicatos de alumnos Erguer nin a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público confían nas palabras polo que manteñen as súas reivindicacións na rúa.
A responsable de Organización de Erguer, Iria Figueroa, afirmou que "as dezasete mobilizacións que convocamos en todo o país foron un éxito absoluto de convocatoria", ao que engadiu que "o ensino medio seguirá en loita ata que consigamos a derrogación da LOMCE, non nos valen as mensaxes confusas que lanza Rajoy á sociedade dando a entender que non haberá máis reválidas, mentres lexisla en sentido contrario".
Moraima Pérez, responsable de Erguer en Pontevedra, afirmou que "acadamos a total unidade do estudantado de Pontevedra, baleirando as aulas e enchendo as rúas e organizando a mocidade nesta loita contra as reválidas e a LOMCE".
Pola súa banda, a Plataforma en Defensa do Ensino, na que participan Confapa-Galicia, FETE-UXT e CC.OO. Ensino, paralizaron as súas protestas confiando na negociación.
MOBILIZACIÓNS
En Pontevedra o sindicato Erguer celebrou este mediodía unha manifestación con saída e chegada á Praza da Peregrina. Pola tarde será Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a que se concetrará ás 19:00 horas, tamén na Praza dá Peregrina. Tamén houbo protestas é Bueu e pola tarde na Praza de Galicia en Vilagarcía.
Relacionadas:
-
Convocan unha concentración na Peregrina para pedir o pacto educativo e a derrogación da LOMCE
-
A Plataforma Galega en defensa do Ensino Público agarda un apoio masivo á folga deste xoves 9
Por Anxo Lourido |
-
Chaman a baleirar as aulas o 16 de febreiro para parar a LOMCE
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- "Cando hai un fracaso escolar o que fracasa é o sistema"
Por Marisa Ciordia |
-
O PSOE inicia unha campaña para a derrogación da LOMCE
Por Redacción |
-
Convocada unha folga en Secundaria contra a LOMCE e as reválidas
Por Oskar Viéitez |
-
Menos prohibir e máis educar, as mocidades do BNG recrimínanlle ás do PP polo botellón
Por Oskar Viéitez |
-
Centos de persoas participan nas manifestacións contra a LOMCE e as reválidas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |