O alcalde de Cuntis formará parte da dirección da Rede de gobernos locais pola Biodiversidade
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, resultou elixido vogal do consello de goberno da Rede de Gobernos locais pola Biodiversidade.
Foi este mércores en Madrid na asamblea desta sección da Federación Española de Municipios e Provincias FEMP, cuxa actividade se desenvolve no ámbito da conservación, estudo e uso sustentable da biodiversidade.
O socialista Manuel Campos valorou de forma positiva este nomeamento e sinalou que na FEMP "os pequenos municipios tamén contan".
Campos salientou que Cuntis formará parte deste consello de goberno xunto a cidades coma Málaga ou Santander. Esta rede acolle a máis de 200 entidades locais que apostan pola biodiversidade, implicando a máis de 22 millóns de cidadáns.