La Espuela amplía instalacións e oferta culinaria
A Tapería La Espuela comeza unha nova etapa cargada de novidades e máis servizos aos seus clientes.
Situada en Pontevedra, na céntrica rúa Figueroa, unha vía de paso entre as Prazas da Ferrería e A Leña, converteuse en tan só tres anos, nun lugar de referencia do tapeo, os viños e a boa compaña. Agora tamén o será pola súa carta renovada e pratos para degustar sen présas.
La Espuela amplía as súas instalacións. No exterior, cunha terraza climatizada, dotada de toldo e estufas, para gozar todo o ano. No interior, combina o "concepto barra" co comedor: petisco e restaurante.
Dúas plantas completamente renovadas para crear un espazo acolledor, á vez que funcional. Por este motivo, La Espuela pensou en todos os públicos: os que gustan dun ambiente íntimo e recolleito ou os que buscan un servizo para grupos numerosos ou empresas.
La Espuela abre o seu novo comedor para reservas de ata 35 persoas. Os grupos de amigos, familias ou empresas terán un asesoramento personalizado polos profesionais á hora de confeccionar o seu menú, sempre na busca da máxima calidade e un presuposto axustado.
Á reforma integral do local, úneselle unha renovada oferta culinaria, cunha variada carta de tapas tradicionais e especialidades, sempre cun toque innovador baseado no produto de primeira calidade e o bo facer dos seus profesionais. Carta que se pode consultar premendo nesta ligazón: Carta Tapería A Espuela.
Nesta nova etapa, e respondendo as peticións dos seus clientes, introduce o prato do día. Unha proposta para aqueles que teñen que comer fóra de casa e dispoñen de pouco tempo. De martes a venres, con ofertas de tempada tan suxestivas como as cremas, sopas ou caldos de primeiro e lacón con grelos ou calamares na súa tinta con arroz para os segundos. Por tan só 12 euros, inclúe bebida e sobremesa. Tamén se ofrece a posibilidade de facer reservas para grupos de empresa e encargar outro tipo de pratos, como peixes, arroces ou mariscos.
La Espuela abre de martes a domingo (o luns pecha por descanso do persoal), en horario de 11:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 na rúa Figueroa, números 3 e 5, de Pontevedra. Información e reservas nos teléfonos: 693 449 728 e 693 634 138.