Arde o soto dunha vivenda en Mourente
Por Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra acudiron á primeira hora da mañá deste mércores para sufocar un incendio nunha vivenda na parroquia pontevedresa de Mourente.
O inmoble atópase a pé da estrada de Ourense, a nacional N-541, concretamente no lugar do Pazo.
O incendio produciuse no soto da vivenda.
Non se rexistraron danos persoais aínda que o sinistro resultou moi aparatoso debido á gran cantidade de fume que xerou.
Ademais de dúas dotacións do corpo municipal de Bombeiros, ata o lugar acudiron varias unidades da Policía Local para colaborar na intervención e facilitar o traballo dos equipos de emerxencia.