Un xuízo por violación a unha nena de 9 anos saca á luz máis vítimas: "Eu sufrín acoso por parte desta persoa"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A.A.A. tiña nove anos cando en 2003 asegura que o pai dunha amiga do colexio violouna. Naquel momento, deixou de relacionarse coa súa compañeira, pero non denunciou por "miedo a la reacción de mi padre". Nove anos despois, en 2012, recibiu unha chamada que non sabe quen lle fixo, pero que lle axudou a reaccionar e denunciar o ocorrido. Antes de facelo, comentouno cunha moza que supostamente fora vítima tamén do mesmo home un tempo antes, aínda que non chegou a denuncialo. Este martes, ambas declararon nun xuízo por agresión sexual que se celebra esta semana na Audiencia Provincial de Pontevedra e referiron as duras situacións que viviron cando aínda tiñan 9 e 12 anos.
A denuncia que levou a Ricardo, nome de pila do presunto autor, ao banco dos acusados tan só presentouna a moza que foi supostamente violada con nove anos, pero o xuízo sacou á luz máis casos ocorridos tamén en Tui, aínda que ningún máis por agresión, todos por acoso sexual. Un deles é o desa moza de 12 anos que naquela época daba clases particulares aos fillastros do procesado e que agora segura "Eu sufrín acoso por parte desta persoa".
As outras son a súa nai, á que acosaba e tentou bicar, e outra nena menor de idade que está citada para o vindeiro xoves na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra na segunda xornada deste xuízo no que o procesado enfróntase a 14 anos de prisión por un delito de agresión sexual.
Fronte a estas acusacións, o procesado negou todas as acusacións asegurando que "no es verdad". Explicou que a suposta vítima era amiga da súa filla desde pequenas e adoitaba ir á súa casa, ata que ambas se enfadaron e a relación acabouse. Asegura que "eso no es así" en relación coas acusacións da moza e atribúe a denuncia a motivos económicos, pois unha persoa próxima á denunciante e a súa familia "tuvo problemas de este tipo y sacó 30.000 euros", en alusión a unha moza da zona de Tui vítima dun delito sexual xa xulgado.
A presunta vítima, que declarou protexida por un biombo e empezou o seu testemuño notablemente nerviosa, reafirmouse na denuncia e explicou que se decidiu a facelo cando tivo coñecemento de que o acusado sometera a abusos a máis mulleres. Para que non volve sucederlle a ninguén máis.
A moza relatou que foi amiga da fillastra do procesado desde os 7 ata os 9 anos, cando un día estaba na casa da súa amiga e el suxeitouna as dúas mans cunha man súa, tirouna sobre a cama e coa man libre lle desabrochó o pantalón. Nese momento, penetrouna nunha relación que durou "de 10 a 12 minutos". Mentres isto pasaba, asegura que gritou e chamou á súa compañeira, pero ela non apareceu. Viuna cando acabou todo e saíu da habitación e está convencida de que "ella estaba riéndose".
Este episodio é o máis grave que viviu, pero asegura que o acoso era continuo e era frecuente que el falase de sexo explícito diante dela a pesar de que só tivese nove anos, que vise pornografía na súa presenza ou que xogase con ela e coa súa fillastra a un xogo de cartas no que acababa por explicarlle o funcionamento dun "platano-consolador" ou se rozase con ela.
Fronte a estas acusacións, o procesado negou que participase neses xogos, pois "yo no estaba para jugar con niñas" e tamén que vise pornografía na súa presenza, pois "no sé cómo se puede poner en la televisión una película porno".
A outra moza que sufriu os abusos con 12 anos asegura que el "retregaba o seu membro contra min" ou lle dicía que lle apetecía que durmise na súa casa. Ela non denunciou, pero agora arrepíntese de non facelo polos feitos que este martes chegaron a xuízo ocorreron despois que o seu acoso e considera que "o meu non foi tan grave", pero se denunciase podería evitar os posteriores. "Síntome un pouco mal polo feito de que eu podía telo freado", lamenta.
Relacionadas:
-
Condenan a un home a dous anos de prisión por facer tocamentos a unha menor
Por Oskar Viéitez |
-
O fiscal mantén a petición de 14 anos de cárcere para o acusado de violar a unha amiga da súa fillastra de 9 anos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Suspenden o xuízo por unha violación a unha nena de nove anos ao faltar varias testemuñas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía solicita 14 anos de prisión para un home acusado de violar unha rapaza de nove anos
Por Redacción |