A cafetería do Náutico, en punto morto: rescindirán o contrato á empresa que se interesou por ela
Por Alejandro Espiño
Cando hai apenas seis meses coñecíase o proxecto de reapertura da cafetería do Náutico, foron moitos os que se alegraron. Os primeiros, os membros do propio Club Naval, cuxa directiva se mostraba entusiasmada coa idea de poder recuperar un enclave tan significativo, pechado ao público desde hai varios anos.
Non era para menos, a súa directiva asinara un contrato cunha empresa viguesa para abrir nela un ambicioso establecemento hostaleiro. Pero o tempo foi pasando e, tras comezar unha serie de obras para desescombrar as instalacións, deixaron de ter noticias do novo inquilino. Tanto é así que o proxecto está practicamente descartado.
O presidente do Club Naval, Carlos Paz, non oculta a súa decepción por frustrarse, polo menos de momento, a reapertura da cafetería. "Estabamos muy ilusionados", recoñece.
"No sabemos muy bien lo que ha pasado", explica a preguntas de PontevedraViva. "Empezaron a hacer obras para retirar todo lo que no les servía, levantar el suelo y tirar tabiques, pero se ha quedado todo a medias", relata a medida que pasea polas instalacións.
Un día, os obreiros deixaron de vir "y no volvimos a saber nada de ellos". Pasado un tempo, púxose en contacto coa persoa coa que negociara o directiva "pero me dijo que ya no trabajaba en esa empresa". Poñerse en contacto cos novos xerentes, recoñece, "fue toda una odisea" porque "les llamaba y no me cogían el teléfono".
Cando o logrou, estes aseguráronlle que seguían interesados no proxecto "y me pidieron que les mandara el contrato, porque la persona que la había firmado se lo había llevado y no lo tenían". Prometéronlle que o estudarían e dar unha contestación. Pero non foi así e o Club Naval cansouse.
"Les hemos mandado un burofax para comunicarles que vamos a rescindir el contrato", asegura Carlos Paz. Aínda que matiza que "si me llaman mañana estamos dispuestos a hablar", ten claro que non van esperar máis porque "ya hay varias personas que han preguntado por el local" e, desde logo, non queren deixar escapar unha posible segunda oportunidade.
"Es una lástima porque el proyecto era muy bonito", explica o presidente do club. Tanto que acordaran que, a cambio das obras, os inquilinos non pagarían aluguer durante o primeiro ano. Ía ser un espazo que permanecería aberto durante todo o día con servizo de restaurante, cafetería e tamén funcionaría como local de copas durante a noite.
Agora, toca comezar de novo todo o proceso para buscar un emprendedor que queira rescatar esta cafetería do esquecemento no que se atopa sumida. No Club Naval esperan que, á segunda, vaia a vencida e non haxa que esperar a unha terceira.
Relacionadas:
-
A cafetería do Club Naval xa ten inquilinos: reabrirá as súas portas este mesmo verán
Por Alejandro Espiño |
-
O Club Naval, a Marea: "No sabemos qué pretenden estos señores con sus infundios"
Por Alejandro Espiño |
-
O Club Naval abrirá este verán un novo restaurante-cafetería xestionado por Sentido Cocina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |