Indemnizan con máis de 7.500 euros unha muller que tropezou nun sumidoiro
Por Alejandro Espiño
Unha veciña de Pontevedra deberá ser indemnizada con 7.522,93 euros por unha caída na rúa. Pero a diferenza do ocorrido noutras ocasións, ese diñeiro non terá que pagalo o Concello de Pontevedra, senón a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria: Cespa.
Así o determinou o xulgado contencioso administrativo número 1 de Pontevedra. Na súa sentenza, o xuíz estima o recurso presentado pola afectada. A muller caeu na rúa Michelena tras a cabalgata de Reis celebrada o 5 de xaneiro de 2014.
Deuse a circunstancia de que unha varredora de Cespa, mentres limpaba a rúa tras o paso da comitiva, levantou a tapa dunha arqueta. Pouco despois, a muller sen darse conta introduciu un pé no sumidoiro e caeu provocándose unha serie de lesións.
A aseguradora municipal, a empresa Mapfre, cifrou a indemnización que debía recibir a vítima en 377,16 euros. Ademais, unha resolución do Concello determinaba que, en base ao prego de condicións quen debía asumir este pago.
A muller reclamou no xulgado e este fixa a cantidade definitiva, ratificando que quen debe pagar a indemnización é exclusivamente a empresa Cespa.