Asem celebra a V Gala de solidariedade coas persoas con enfermidades neuromusculares
Por Diego Torrado
O Teatro Principal rexistrou unha gran entrada de público solidario que non quería perderse a V Gala Asem Galicia, que se desenvolvía este domingo con motivo da celebración da semana das enfermidades neuromusculares (ENM) en Pontevedra.
Colectivos coa escola de danza Déborah, o grupo teatral Artellar, o coro Vía Sete, o ilusionista Javier Muro, o humorista Pablo Chichas e o cantante Martín Máez participaron nesta gala organizada pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha organización que se dedica a promocionar toda clase de accións e información destinadas a mellorar a situación das persoas que sofren estas doenzas.
Por este motivo desenvolven diferentes acción que pretenden sensibilizar á opinión pública e ás administracións sobre as dificultades que sofren na prevención, tratamento, curación e asistencia destas enfermidades.
Este martes 15, Asem organiza unha cadea humana que se realizará na Praza da Peregrina a partir das 19.30 horas.