Ocupa a Praza da Peregrina para pedir a man da súa moza e ela dille que...
Por Diego Torrado
Si. A noiva dixo si, no medio dos aplausos e vítores dos numerosos amigos e curiosos que se deron cita na Praza da Peregrina durante a tarde deste domingo para asistir a unha curiosa e divertida escena de pedida de man en pleno centro de Pontevedra.
O mozo solicitara este espazo público para poder cumprir co seu soño romántico de recibir o si matrimonial no punto máis céntrico da cidade. A súa intención era realizar esta encontro durante a xornada do sábado, pero a choiva e o mal tempo frustrou o seu desexo.
Con todo, o pretendente non cesou no seu empeño e trasladou o máxico momento a este domingo. O mozo preparou o momento co debuxo dun gran corazón sobre o chan e contou coa actuación de bailarinas e coa intervención de numerosos amigos que festexaron con pétalos de cores a populosa solicitude de matrimonio esperando que sexan felices e coman abundantes perdices ao berro de "Vivan los novios!".