O Concello quere crear unha praza de 6.500 metros cadrados na contorna da ponte do Burgo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra atópase á espera de recibir nunhas semanas o proxecto de peonalización e posta en valor da Ponte do Burgo e dos entroncamentos coa praza Valentín García Escudeiro e coas rúas Domingo Fontán e Xoán Manuel Pintos.
Os estudos previos dos que dispón o goberno local para este ámbito contemplan un orzamento dun millón de euros para a creación da gran praza, que ocuparía ao redor de 6.500 metros cadrados.
A Ponte do Burgo foi construído no século XII e dispón na actualidade de escaso tráfico rodado. A proposta contempla facilitar as conexións peonís do barrio do Burgo co resto da cidade a través do centro histórico, ademais de mellorar os tráficos dos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. Por este motivo, eliminaríase todo o tráfico rodado, salvo as emerxencias.
A idea do goberno local sería prolongar os pavimentos e o peralte dos pasos de peóns realizando unha plataforma única cunha base similar ao resto da actuación que o Concello ten previsto realizar en toda a zona de Santiña e nos tramos peonís da praza de Valentín García Escudeiro.
Ao mesmo tempo, quérese mellorar a iluminación desa contorna con focos, a nivel das plataformas, que realce os arcos da ponte. Tamén estaría previsto instalar novas varandas.
A ponte finalizaría na nova praza na zona norte, no entroncamento con Domingo Fontán e Xoán Manuel Pintos. Eliminaríase a rotonda actual e reordenando a entrada á gasolineira, que aínda ten concesión por parte de Costas. Plantaríanse árbores nesa zona para ofrecer un espazo agradable.
Relacionadas:
-
Patrimonio dá luz verde á rehabilitación da ponte do Burgo
Por Alejandro Espiño |
-
Xa se pode contemplar a nova iluminación do xacemento de Valentín García Escudero
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A peonalización da ponte do Burgo será unha realidade en 2018
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma do Gorgullón, Virxe do Camiño e o Burgo, prioritarias para 2017
Por Alejandro Espiño |
-
Proxectan a reforma da contorna da ponte do Burgo coa posibilidade de eliminar a gasolineira
Por Redacción |