Vaipolorío pide voluntarios para limpar a presa do Muíño de Cabanas
Por Oskar Viéitez
O colectivo ecoloxista Vaipolorío pide voluntarios para limpar a presa do Muíño de Cabanas, na parroquia de Salcedo.
A cita é o sábado 12 ás dez da mañá diante da Estación de Autobuses de Pontevedra e rematarán aproximadamente ás 13 horas.
Indican dende Vaipolorío, para aquelas persoas que se apunten, que non é preciso que traian ferramenta e que vistan preferentemente roupa usada.
É imprescidible comunicar a asistencia no teléfono 676842942 antes do sábado para organizar o traballo.
O de Cabanas foi o primeiro muíño restaurado no río Gafos, denominado alí río Tomeza, aínda que na mesma parroquia os veciños tamén arranxaron outros dous, os da Cancela de Arriba e de Abaixo -no 2006 e o 2010-, situados xunto ao río Cubela, un afluente do Tomeza.