"Flip the bottle", e outras formas de facer ciencia
Por Oskar Viéitez
Os estudantes pontevedreses volverán a contribuir cos seus experimentos á feira Galiciencia onde se exhibirán 75 proxectos centrados na actualidade de 35 centros de Galicia, Asturias, Cataluña e Euskadi.
A maior feira científica de Galicia celébrase entre o 16 e o 18 de novembro na Tecnópole, en Ourense.
O nivel dos proxectos increméntase coa busca de colaboracións con universidades e centros de investigación por parte dos alumnos.
A nosa comarca contribúe con traballos coma.
- Flip the bottle, Lei de Murphy e torradas
- Neste traballo inténtase dar unha explicación a algunhas das coñecidas como Leis de Murphy, que parecen demostrar que se algo pode saír mal sairá mal. En concreto, centráronse en demostrar cientificamente a lei da torrada, pola que esta sempre cae do lado da manteiga. Para realizar o traballo estudaron a caída da torrada, pero tamén doutros obxectos con distintas formas e tamaños. Por outra parte analizaron se a variable da altura desde onde cae a torrada xoga un papel. Ademais ampliaron o estudo analizando o famoso "water bottle flip challenge".
- Alumnos: Óscar Boullosa e Pablo Tojal
- Profesora: Beatriz Amanda Trillo.
- Centro: IES Valle Inclán. Pontevedra
- Neste traballo inténtase dar unha explicación a algunhas das coñecidas como Leis de Murphy, que parecen demostrar que se algo pode saír mal sairá mal. En concreto, centráronse en demostrar cientificamente a lei da torrada, pola que esta sempre cae do lado da manteiga. Para realizar o traballo estudaron a caída da torrada, pero tamén doutros obxectos con distintas formas e tamaños. Por outra parte analizaron se a variable da altura desde onde cae a torrada xoga un papel. Ademais ampliaron o estudo analizando o famoso "water bottle flip challenge".
- Colorear mandalas axuda a tranquilizarse
- As alumnas partiron do feito de que a miúdo teñen momentos de abafo ao longo do curso, cando teñen que facer algunha presentación oral, algunha tarefa importante de clase ou un exame. Cada persoa intenta tranquilizarse utilizando a estratexia que mellores resultados lle da. No seu caso, queren presentar a compañeiros da súa idade como colorear mandalas (diagramas budistas) lles pode axudar non só a controlar os seus nervios, senón a aumentar a súa concentración e obter mellores resultados académicos. Para iso, o seu plan de acción consistiu en analizar e constatar como os seus compañeiros realmente se tranquilizaban coloreando mandalas.
- Alumnas: Uxía Currás López e María Taboada
- Profesor: Sergio Lago.
- Centro: Colegio Internacional SEK – Atlántico. Poio.
- As alumnas partiron do feito de que a miúdo teñen momentos de abafo ao longo do curso, cando teñen que facer algunha presentación oral, algunha tarefa importante de clase ou un exame. Cada persoa intenta tranquilizarse utilizando a estratexia que mellores resultados lle da. No seu caso, queren presentar a compañeiros da súa idade como colorear mandalas (diagramas budistas) lles pode axudar non só a controlar os seus nervios, senón a aumentar a súa concentración e obter mellores resultados académicos. Para iso, o seu plan de acción consistiu en analizar e constatar como os seus compañeiros realmente se tranquilizaban coloreando mandalas.
- ¿Serás capaz de cheiralo?
- O proxecto ten como obxectivo probar que o olfacto é un sentido dexenerativo, o que quere dicir que co paso do tempo empeora. Para iso crearon unha proba de laboratorio na que encheron seis tubos de cristal coa mesma cantidade de auga e lle engadiron maior cantidade de colonia progresivamente, de modo que cada un ulise máis que o anterior. Para recompilar os datos pedíronlle a 300 persoas de diferentes idades (que agruparon en grupos separando os máis maiores dos máis novos) e apuntaron os datos obtidos.
- Alumnos: Paula Barros e Sergio Soto
- Profesora: Mónica Azpilicueta.
- Centro: Colegio Internacional SEK – Atlántico. Poio.
- O proxecto ten como obxectivo probar que o olfacto é un sentido dexenerativo, o que quere dicir que co paso do tempo empeora. Para iso crearon unha proba de laboratorio na que encheron seis tubos de cristal coa mesma cantidade de auga e lle engadiron maior cantidade de colonia progresivamente, de modo que cada un ulise máis que o anterior. Para recompilar os datos pedíronlle a 300 persoas de diferentes idades (que agruparon en grupos separando os máis maiores dos máis novos) e apuntaron os datos obtidos.
- Investigación sobre os mamíferos mariños da Ría da Arousa
- Existe un gran descoñecemento popular dos cetáceos (mamíferos mariños), a pesar de que Galicia está moi ligada ao mar. Partindo desta idea, as alumnas investigaron sobre a presenza en Galicia deste grupo de animais. Asesorados polos investigadores da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) aprenderon as principais técnicas para os avistamentos de cetáceos e para a toma de datos biométricos e recollida de mostras para realizar necropsias (varamentos). Recolleron datos en avistamentos e fixeron un estudo da presenza de diferentes especies na Ría de Arousa, analizando a base de datos da CEMMA (1990-2015). Finalmente valoraron se as actividades humanas desenvolvidas na zona teñen influencia significativa na presenza e/ou mortandade dos animais.
- Alumnas: Laura Janza e Erika Abal
- Profesor: Camilo Ojea.
- Centro: CPI Mosteiro-Meis. Meis. Pontevedra
- Existe un gran descoñecemento popular dos cetáceos (mamíferos mariños), a pesar de que Galicia está moi ligada ao mar. Partindo desta idea, as alumnas investigaron sobre a presenza en Galicia deste grupo de animais. Asesorados polos investigadores da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) aprenderon as principais técnicas para os avistamentos de cetáceos e para a toma de datos biométricos e recollida de mostras para realizar necropsias (varamentos). Recolleron datos en avistamentos e fixeron un estudo da presenza de diferentes especies na Ría de Arousa, analizando a base de datos da CEMMA (1990-2015). Finalmente valoraron se as actividades humanas desenvolvidas na zona teñen influencia significativa na presenza e/ou mortandade dos animais.
- Xeolocalización de especies exóticas invasoras no Concello de Meis
- O equipo caracterizou as especies exóticas invasoras (EEI) no río chamado Rego de San Tomé e valoraron a evolución (aparición de novas especies). Co asesoramento do Grupo de ecofisioloxía vexetal: plantas invasoras da Universidade de Vigo realizaron un traxecto dende o nacemento do río á desembocadura do Umia, no que identificaron e xeolocalizaron as EEI, fotografáronas e anotaron datos usando fichas específicas. Enviaron as fotografías e os seus metadatos, usando a aplicación invasoras.gal, para ser validadas por expertos e aparecer representadas nun mapa de Galicia. A partir de agora, pensan desenvolver un plan de control das EEI (co apoio do Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Lourizán, Concello de Meis e CM de San Tomé) e un programa de concienciación, para o que contactaron co investigador Jaime Fagundez da Universidade da Coruña.
- Alumnos: Lucas González-Redondo e Santiago Prieto
- Profesor: Camilo Ojea.
- Centro: CPI Mosteiro-Meis. Meis.