Folga indefinida do persoal de Unipost da man do sindicato CXT
Por Redacción
Este luns 7 de novembro empezaron os paros totais indefinidos convocados en solitario polo sindicato CXT entre os traballadores de Unipost.
"Os motivos polos que se convocan os paros -sinalan desde o sindicato- son os abonos puntuais das nóminas". A día de hoxe, débese o 50% da nómina de setembro e o 60% da paga extra de verán deste mesmo ano.
O persoal de Unipost, con estes paros totais indefinidos, queren manifestar "o seu malestar e indignación polos continuos atrasos e o incumprimento do abono das cantidades pendentes de cobrar, esixir que se lles pague o que se lles debe, que non se sigan producindo máis atrasos e que a dirección deixe de mentirnos".
Unipost S.A. é unha empresa privada de repartición de correspondencia e principal competidor de Correos.
Relacionadas:
-
Concentración para denunciar o peche da delegación de Unipost
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Relacionan o peche de Unipost en Pontevedra co apoio da empresa ao "procés" catalán
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O recorte a Correos supoñería a perda de 220 empregos na provincia, segundo CCOO
Por Oskar Viéitez |
-
O persoal de Unipost concéntrase en protesta ante os impagos
Por Redacción |