A Fiscalía pide sete anos de prisión para un empresario de Cotobade que cobrou dúas casas que nunca fixo
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra sinalou para o vindeiro martes día 8 un xuízo por un presunto caso de estafa. Xúlgase un home por crear unha sociedade mercantil para vender casas prefabricadas que posteriormente non construía.
O fiscal solicita sete anos de prisión e unha multa á sociedade mercantil do termo municipal de Cotobade de 372.240 euros, ademais da disolución da mesma. Ademais pide que se indemnice aos dous afectados con 20.000 e 73.000 euros.
Segundo o escrito de acusación da Fiacalía, facilitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o acusado subscribiu cunha parella un contrato para a compra dunha casa prefabricada por un prezo que se pactou en 72.200 euros e que os afectados tiñan previsto situar en Mourente.
O acusado recibiu o prezo convido o acusado pero non construíu a casa nin tivo "intención de facelo" como demostra o feito, segundo indica a Fiscalía, de que o empresanio non chegou a encargar o material necesario para a construción da vivenda.
O mesmo ocorreu coa segunda das vítimas que en novembro de 2013 contratou co acusado a construción dunha vivenda de madeira en Campo Lameiro.
Relacionadas:
-
Visto para sentenza o xuízo contra o acusado de estafar dúas familias que lle contrataron casas de madeira
Por Natalia Puga |
-
Unha "manobra dilatoria" obriga a suspender de novo un xuízo que xa se fixou cinco veces nun ano
Por Natalia Puga |
-
Contrata unha casa de madeira e queda coas ganas e sen diñeiro: "Ao final, nin casa nin nada, unha burla"
Por Natalia Puga |