En marcha o proxecto para habilitar un estacionamento de autocaravanas
Por Redacción
Están en marcha as obras para a creación do parque de autocaravanas na parcela municipal de Tafisa. Os traballos comezaron co roza de toda a parcela e nos vindeiros días rematará para continuar co rasanteo de toda a parcela e acondicionarase para botarlle un firme de asfalto.
A obra está sendo executada pola empresa Covsa que foi a gañadora do concurso público cunha oferta económica de 188.440 euros (a licitación era de 209.385,39 euros), e ten que facer dous pasos elevados nas entrada e saída ao novo estacionamento.
O estacionamento de autocaravanas disporá de 20 prazas con dúas de servizos con auga potábel e saneamento. A superficie para esta función é de 1.052 metros cadrados.
Ademais, acondicionarase unha superficie de 1.870 metros cadrados para estacionamento de balde en superficie, na que se poderán crear arredor de 66 prazas de aparcamento.
A Concellaría de Promoción Económica ten detectado un avance importante neste tipo de turismo na cidade, de aí a necesidade de ofertarlle instalacións acaídas próximas ao centro urbano.
Relacionadas:
-
Estrea ao grande para a área de autocaravanas: 160 vehículos chegados de toda España e Portugal
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
As autocaravanas xa teñen espazo propio en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Autocaravanas de toda España inaugurarán en Semana Santa a área habilitada en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra estreará en Semana Santa a "mejor" área de autocaravanas de España
Por Oskar Viéitez |
-
COVSA executará o parking para autocaravanas en Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
O parking para autocaravanas empezará a executarse en outubro
Por Alejandro Espiño |
-
Anabel Gulías calma o malestar dos veciños da contorna de Tafisa co proxecto dun estacionamento de autocaravanas
Por Redacción |