O traballo dos bombeiros, visto polos escolares de Pontevedra
Por Redacción
Como ven os nenos o traballo dos bombeiros? A esa pregunta deu resposta un concurso de debuxo no que participaron os escolares pontevedreses, convocado anualmente polo corpo municipal de Bombeiros con motivo da celebración do seu patrón.
O gañador foi Gabriel Gores Chantero, do CEIP San Martiño.
A situación de transición da nova xefatura fixo que se demorara a resolución do premio hasta esta semana.
O concurso estaba aberto a todos os alumnos de primeiro e segundo de Educación Primaria dos centros educativos de Pontevedra, e a temática do debuxo era "O traballo dos bombeiros".
O premio consiste nunha réplica a escala dun vehículo de bombeiros, xunto a un diploma de gañador, ademais dunha visita xunto aos compañeiros de clase ao parque de bombeiros e a entrega do carné xuvenil de bombeiros.