Xa chegou o Nadal a Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A empresa encargada de instalar a iluminación de Nadal comezou a poñer as luces nas rúas do municipio.
Corríxese deste xeito a situación vivida nas pasadas festas do Nadal cando a instalación da decoración e as luces fíxose con maior atraso do previsto. Naquela ocasión a culpa foi do proceso de licitación desta iluminación que retardou a colocación das luminarias nalgunhas rúas da cidade, entre elas a rúa Cruz Gallástegui e a rúa Oliva. Esta situación provocou malestar entre os comerciantes.
De novo, toda a iluminación que se vai a utilizar é de baixo consumo.
Tradicionalmente o aceso de toda esta decoración prodúcese ao comezo da ponte da constitución, a principios do mes de decembro. Lucirá ata o 6 de xaneiro en horario de 19.00 a 01.00 horas, salvo o día de Fin de Ano onde está acendida algunhas horas máis.