Deteñen un home armado por quebrantar a orde de afastamento da súa ex parella
Por Oskar Viéitez
Un home de 38 anos de idade foi detido pola Policía Local de Pontevedra por quebrantar a orde de afastamento da súa ex parella.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, os feitos sucederon este martes. Ás 16:41 horas, na centralita telefónica da Policía Local recibiuse unha chamada de auxilio dunha muller que aseguraba que a súa ex parella, que ten en vigor unha orde de afastamento, está no interior do edificio onde ela vive e que, probablemente, teña unha arma.
De maneira inmediata actívase o protocolo de emerxencia e desprázanse ao lugar dúas patrullas dos axentes municipais que atopan ao home no interior do portal do edificio.
Os municipais requiríronlle con insistencia a este individuo que mostrase o que levaba nas mans, mostrándolles unha arma, que resultou ser simulada. Ademais lle requisaron unha pequena navalla.