O estanque das Palmeiras terá parrulos de cores cando finalicen as obras de reforma
Por Redacción
Esta semana comezarán os traballos para recuperar o estanque dos patos situado nas Palmeiras de Pontevedra coa intención de impermeabilizar o vaso por onde actualmente fíltrase auga.
Segundo informan desde o Concello de Pontevedra limparase, restaurará e arranxarase o sistema de chorros. Recuperarase a ponte da construción e pintarase con tons acordes co espazo que agora ocupa este tradicional estanque. Unha vez que finalicen as obras incorporaranse parrulos de colorido atractivo, coa idea de recuperar unha imaxe típica da cidade.
PASEO DE CERVANTES
A beirarrúa do Paseo de Cervantes terá que ser reparada porque as raíces dalgúns das árbores deixaron en moi mal estado este espazo, levantando as baldosas e facendo imposible a súa reconstrución. O goberno local ten previsto suprimir varias prazas de aparcadoiro para crear a beirarrúa nesas prazas fóra dos alcorques das árbores.
Nos espazos que se gañarán para o parque levará a cabo unha entrada accesible e ademais vaise a prender planta tapizante de sombra do mesmo xeito que se fixo noutras zonas do parque das Palmeiras.