Novembro, mes das TIC co programa 'SmartPeme' da Deputación
Por Redacción
O programa de asesoramento no ámbito das TIC 'SmartPeme' da Deputación Provincial de Pontevedra chega cargado de actividade ao mes de novembro. Organizará seis obradoiros no edificio administrativo da avenida Montero Ríos destinados a persoas emprendedoras, autónomas e pemes da provincia.
O programa ofertará con eses seis obradoiros unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e coa colaboración das asociacións de empresarios e de persoas autónomas.
As quendas son todas en horario de tarde ás 19.00 horas. O primeiro obradorio será o xoves 3 de novembro, 'Sácalle partido á túa conta de Gmail'. O seguinte luns, 7 de novembro, 'Saca as túas fotografías para o comercio electrónico'. O xoves 10 de novembro terá lugar o obradoiro 'Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing'. O xoves 17, 'Google Analytics: Iniciación á analítica web'. O venres 25 será a quenda de 'A túa páxina web con WordPress (continuación)'. O mércores 30, 'Como utilizar Instagram para promover a túa empresa'.
A oficina SmartPeme de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20.
Relacionadas:
-
SmartPeme incorporará unha carteira de servizos para o sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
832 persoas asistiron aos cursos de formación en novas tecnoloxías da Deputación
Por Redacción |
-
O proxecto Smartpeme da Deputación resolveu case 1.400 consultas
Por Redacción |
-
Máis de 38.000 persoas participan en oito programas de actividades da Deputación
Por Redacción |
-
Como ser máis competitivos grazas á tecnoloxía
Por Oskar Viéitez |
-
Aprender a emprender desde a escola
Por Alejandro Espiño |