Máis de 38.000 persoas participan en oito programas de actividades da Deputación
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance dos oito programas de actividades que a institución puxo a disposición dos concellos da provincia para garantir a dinamización de actividades culturais, medioambientais, educativas ou deportivas.
Os programas, que aínda están a celebrarse algún deles, ofertaron máis de 38.000 prazas en talleres, escolas deportivas, visitas guiadas a localidades da provincia, rutas de sendeirismo, ou proxectos de igualdade.
Se trata das iniciativas "Depo en marcha", que trata de favorecer o envellecemento activo e mellorar a vida das persoas maiores; "En Ruta coa Depo" é un programa que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais.
Tamén "Depotermal" ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas coa asistencia a balnearios. Os obradoiros de "Conectadas" teñen como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres. "Deporte escolas", "Deporuarte" e os obradoiros "SmartPeme" e por último as "Depo andainas".
Relacionadas:
-
Roteiros literarios e de arquitectura, as propostas da Deputación para setembro e outubro
Por Redacción |
-
Cinco Depo Andainas para promover o turismo deportivo e ao aire libre por toda a provincia
Por Redacción |
-
Adxudican por 324.000 euros o programa de igualdade 'Conectadas' 2017
Por Redacción |
-
A Deputación abre o prazo aos concellos para que se adhiran ao programa de termalismo
Por Redacción |
-
832 persoas asistiron aos cursos de formación en novas tecnoloxías da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación saca a contratación o programa 'Depo en marcha' para os maiores da provincia
Por Redacción |
-
O proxecto Smartpeme da Deputación resolveu case 1.400 consultas
Por Redacción |
-
Novembro, mes das TIC co programa 'SmartPeme' da Deputación
Por Redacción |