A patronal rompe a negociación do convenio do comercio da alimentación
Por Redacción
Fontes sindicais confirmaron que este mércores 26, a patronal das empresas do comercio da alimentación abandonaron a negociación do convenio que se mantiña aberta durante as últimas semanas. Tratábase da décimoquinta reunión que mantiñan para tentar chegar a un acordo.
O punto fundamental de discrepancia entre as dúas partes centrábase na antigüidade. A parte empresarial entende que non pode afrontar o investimento que reclaman os representantes sindicais para o sector.
A representación da patronal reclama agora unha mediación por parte da consellería de Traballo que se espera poida iniciarse a través do xefe da Inspección, Casas de Ron, no prazo de 15 días, segundo apuntaron as mesmas fontes.
Esta negociación tamén se viu afectada polas malas relacións entre as dúas patronais que están a formar parte destes encontros que afectan a entre 15.000 e 20.000 traballadores na provincia.