Repoñer a man do faladoiro dos músicos de San José, 1.200 euros
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
A figura de Valentín Paz Andrade na composición dos músicos da praza de San José recuperou a súa man. Perdéraa na tarde do 31 de agosto cando un neno de tres anos quedou atrapado entre os brazos da estatua e, para liberalo, os bombeiros utilizaron un gato hidráulico co que acabou por romper a peza. Este mércores, unha equipa de tres persoas, entre elas o escultor, repuxérona.
O autor do grupo escultórico, César Lombera, explicou que a factura que pasaron ao Concello de Pontevedra para reparar a peza ascende a 1.200 euros. Nun primeiro momento non estaba claro quen debía afrontar os gastos da reparación, pois se trata dunha cesión da antiga Caixa Galicia ao Concello, de modo que se atrasou o inicio do proxecto para a reparación.
Tras realizar un orzamento e informe técnico, Lombera acudiu con outras dúas persoas e un equipo de soldadura especial. 'Pegaron' a man, repasaron a soldadura, igualaron a zona e botáronlle un ácido "para que vaya cogiendo la pátina dentro de unos días". Isto é, a estatua non quedou reparada de forma inmediata, senón que será necesario que nos próximos días volva dar unha man de ácido para acelerar o proceso e tardará unha semana en igualarse a cor e o brillo da nova peza coa do resto da estatua.
Lombera tivo que reparar a súa estatua, pero non critica que se chegase a esta situación, pois entende que aquela tarde de agosto "la presión de tanta gente expectante, los nervios, el niño gritando..." motivaron que fose urxente actuar e optásese por utilizar unha especie de gato hidráulico dos que se utilizan nas excarceracións de accidentes e "lógicamente con la presión rompió el brazo". "En estos casos hay que tomar decisiones salomónicas", conclúe.
Tampouco critica que o neno chegase a quedar atrapado no faladoiro, pois a estatua de San José "es el mejor parque público que hay en Potnevedra", no que hai moitos nenos de idades moi pequenas xogando. El móstrase satisfeito porque "procuro que mis esculturas sean interactivas", pero recoñece que "tanto, no", De todos os xeitos, tampouco se expón que haxa que valar ou protexer ao faladoiro, senón que "todas las esculturas que tengo son con intención de que s con la gente y se pueda interactuar con ellas".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Un neno queda atrapado nunha estatua dos músicos de San Xosé
Por Redacción | Creada e actualizada