Na procura da gruta das fadas
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra organizou para o próximo día 31 de outubro a primeira edición do "Roteiro da gruta das fadas".
Baseado nunha tradición de Samaín, un grupo de trinta nenos escoitarán un contacontos e sairán coas monitoras para percorrer un pequeno roteiro polo centro histórico en busca da "gruta das fadas".
Será de 17:30 a 20:00 horas, con saída e chegada na Praza de Mugartegui, os nenos visitarán a Cestería Cestigar na rúa Real, gozarán dun miniconcierto de "Querido estraño" na praza da Palma, e da actuación de maxia de Carlos Tomico na Praza de Curros Enríquez. Despois visitarán a Droguería Moderna, escoitarán os contos de Arantxa Treus na Praza de Méndez Núñez, para rematar coñecendo a tenda de sementes Mijallas.
Esta actividade ten as prazas limitadas polo que sera necesario inscribirse en turinapontevedra@gmail.com
Tamén para nenos de 0 a 6 anos, este mesmo luns 31 de outubro habilitarase unha ludoteca a cargo de Espazo Rachachán que aplica o coñecido método Montessori.
NOITE DOUS CALACÚS
Non é a única actividade que organizan as concellerías de Promoción Económica e da Cidade e de Xuventude para este Samaín. Co propósito de ocupar os espazos públicos con actividades lúdicas, dar visibilidade ao comercio local e dinamizar a zona vella tamén se concoca unha nova edición da Festa dos Calacús.
Desenvolvésese na Praza de Mugartegui e inclúe un concerto de Flip Corale (23:30 horas), a música tradicional dos Gaiteiros das Rías Baixas (21:00 horas), comida e bebida a prezos populares, un espazo-ludoteca Montessori especial Samaín e, como non, a decoración dos Calacús.