Os cemiterios prepáranse para o Día de Todos os Santos
Por Redacción
Os cemiterios municipais de Pontevedra, ubicados en Lourizán, Bora, Ponte Sampaio, Campañó e San Amaro están en obras. Os cinco están a prepararse para a festividade do Día de Todos os Santos, o vindeiro 1 de novembro. As distintas brigadas municipais están a intensificar os traballos de limpeza e de mantemento de zonas verdes comúns, así como de desbroce nos accesos en todos nos que sexa necesario.
Como é habitual nestas datas, a cde Cemiterios está facendo melloras de setos, colocación de plantas con flor de tempada e podas de árbores. Ademais, en caso de ser necesario, promoverán a reposición de pavimentos, entre outros labores.
Ademais, o servizo municipal de limpeza está a realizar desbroces en todos os cemiterios xa sexan municipais ou non, para mellorar os accesos. O servizo de recollida de lixo reforza durante esta semana e a que vén as quendas de recollida nos contornos dos cemiterios. De ser preciso, recollerase o lixo varias veces ao día.
O lixo nos cemiterios do municipio incrementa habitualmente na véspera de Todos os Santos, de modo que tamén se aumentou a flota de colectores nos días previos ao 1 de novembro.